miércoles, 26 de octubre de 2011

O que non durme



Bueno,bueno,bueno... este blogue comeza a internarse nesa época do ano por aquí coñecida coma Samaín.
  Tras non saber moi ben se facer un mini conto ilustrado ou eu que sei que, e ante o resultado final ( en gran parte propiciado pola ausencia dunha tableta)  eu resumo por onde van os tiros e como concevin a cada personaxe.
 Pois este ano solto por aquí a unha pandilla de nenos monstruosos que todos os anos fan das súas por esas datas.
 Este é "Jackie" (por Jack-o’- Lantern), o máis maior dos nenos, que comprendendo
 a esencia de vida e morte (estes nenos que xogan con cousas que non deben...) decide poñer a proba a súa vontade baleirando o seu corpo e enchéndoo de follas secas, tras o cal, esconde a súa cabeza en algún lugar no bosque.
Nunca durme, observando dende a súa fiestra o paso das estacións e tomando forzas para espertar aos demais para saír a xogar en Halloween.
Moi probablemente, todo isto esta cutremente contado e mal redactado, pero e q veño de clase e teño a cabeza que me da voltas, ousexa que a chincharse!

Mañá mais…

No hay comentarios:

Publicar un comentario